taxa de poboación estranxeira

x u ñ o     2 0 1 3

Atendendo ao documento (puntuación máxima de 4 puntos):

a) Cite cinco provincias que teñan unha taxa de poboación estranxeira entre 12 e 15,9% (1 punto).

  • Hai que citar cinco destas provincias: Barcelona, La Rioja, Segovia, Guadalajara, Madrid, Murcia, Málaga, Santa Cruz de Tenerife e Las Palmas.

b) Identifique o tipo de documento e relacione áreas xeográficas cos valores das taxas (1 punto).

  • O mapa reflicte a porcentaxe de poboación estranxeira nas provincias españolas. É un mapa de coropletas que representa datos cuantitativos asociados a unidades administrativas (neste caso provincias) utilizando cores de recheo diferentes. O mapa presenta unha clasificación en cinco intervalos de clase (cada clase unha cor) e inclúe una escala gráfica. 
  • As áreas xeográficas que se poden diferenciar facilmente son o Levante mediterráneo desde Girona ata Almería, cunha taxa elevada de poboación estranxeira. Pola contra a parte occidental de España e a cornixa cantábrica teñen as taxas máis baixas.

c) Explique as causas das diferenzas das porcentaxes observadas no documento (1 punto).

  • Como causas das diferenzas das porcentaxes pódense citar:

 O crecemento económico baseado en gran medida no boom inmobiliario ("o ladrillo"); este crecemento aumentou a oferta de postos de traballo en sectores que non eran cubertos por man de obra española. O resultado foi un maior crecemento dos estranxeiros nas áreas máis turísticas de España (Mediterráneo e arquipélagos) e máis dinámicas economicamente. Os inmigrantes cubrirán postos de traballo nos sectores da construción, dos servizos (hostalaría, fogar) e tamén da agricultura mediterránea (por exemplo, cultivo baixo plástico), como sería o caso de Almería, Murcia ou Lleida.

 No caso de Madrid e as provincias limítrofes e Barcelona hai que ter en conta que os inmigrantes se sitúan nas dúas metrópoles españolas para logo buscar traballo. Madrid e Barcelona actuaron como centros de distribución de traballadores inmigrantes.

 No litoral mediterráneo e as illas atópase unha inmigración de poboación xubilada da Europa noroccidental, debido á forte acollida que propicia o clima suave desta zona.

 A menor incidencia da inmigración en Galicia e a cornixa cantábrica explícase polo menor efecto do boom inmobiliario (non se construíron tantas casas coma no Mediterráneo) e o tipo de agricultura, cun maior peso da gandería no produto final e non tan orientada cara ó mercado exterior como a mediterránea.

d) Comente as consecuencias das diferenzas representadas no documento (1 punto).

  • Comoconsecuencias pódense citar aspectos:

 demográfico: a poboación española medra no último decenio do século XX e comezos do XXI;no censo de 1991 ten 38.872.268 habitantes; no do 2001, 40.847.371; e no censo de 2011,46.815.916. Este incremento está influído pola inmigración. A fecundidade en España taménvaría na segunda metade dos 90, sendo o punto de inflexión 1996 co número de fillos por mullermáis baixo. No 2003 as mulleres españolas tiñan como media 1,26 fillos e as estranxeiras 1,90.

 económico ou laboral: a inmigración supón (polo perfil de idade dos inmigrantes) un aumento dapoboación activa española ata case 23 millóns de persoas, con consecuencias importantes, entreoutras para as pensións.

 aspecto social: tamén se pode mencionar cos posibles problemas de integración, a aparición deactitudes xenófobas, as mafias vinculadas á inmigración irregular e os problemas humanos desta.É moi importante o fenómeno migratorio das últimas décadas: o cambio social máis importantena España do século XXI.

© no espazo e no tempo 2017 - © Luis Martínez Arenas - luare10@gmail.com
Creado con Webnode
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar