O relevo español:

a súa diversidade xeomorfolóxica

v o c a b u l a r i o

Aluvión

Material case sempre detrítico que presenta unha granulometría diversa (gravas, areas, cantos) e forma depósitos sedimentarios de orixe fluvial. Estos materiais transportados polos ríos, sufriron o desgaste progresivo das súas aristas como consecuencia do choque e frotamento ó que estiveron sometidos.

Foz

Corte profundo, case vertical, que pode chegar a formar un río ao circular sobre materiais duros. Son formas propias do relevo cárstico e do relevo sobre rocas metamórficas.

Meseta

Superficie plana de gran extensión, horizontal ou lixeiramente basculada, elevada con respecto ao nivel do mar. Apenas presenta accidentes topográficos de importancia e os seus rebordes poden ser montañosos. En España é a unidade pricipal do relevo peninsular, resto do antigo macizo surxido na oroxenia herciniana, que foi arrasado pola erosión, e afectado e deformado polo movemento alpino que fixo xurdir os seus sistemas interiores e os rebordes montañosos.

Tectónica de placas

Teoría xeolóxica que explica os diferentes fenómenos xeolóxicos a partir dos movementos das placas litosféricas ríxidas sobre a aenosfera branda, movementos que se deben ás correntes de convección existentes no manto.

Ría

Entrante costeiro que resulta da invasión do mar no tramo final dun val fluvial. Algunhas son curtas e de boca estreita e outras amplas e profundas (en embudo).

Tómbolo

Illotes rochosos unidos ao litoral por unha barra de area. Poden ser dobres cando son dúas as barras areentas quedando entón unha lagoa entre ambas as dúas.

Zócolo

Chaira ou meseta formada na era primaria ou paleozoica como resultado do aplanamento pola erosión de cordilleiras xurdidas nesta era. Os materiais paleozoicos son rochas silíceas: granito, lousa, cuarcita e xistos. Son ríxidas e ante novos empuxes oroxénicos fractúranse ou rompen. Na actualidade, os zócolos son relevos horizontais que ocupan extensas áreas na metade occidental da Península.

Macizos antigos

Montañas formadas na era terciaria polo novo levantamento dun bloque como consecuencia do movemento oroxénico alpino; son materiais paleozoicos. Estes macizos presentan cumes suaves e arredondados. Na Península, son macizos antigos as serras interiores da Meseta (Sistema Central e Montes de Toledo), o Macizo Galaico e a parte occidental da cordilleira Cantábrica.


Cordilleiras de pregamento

 Son grandes elevacións montañosas que xurdiron na oroxénese da era terciaria polo pregamento de materiais sedimentarios calcarios, depositados polo mar na era secundaria.

Cuncas sedimentarias

Zonas afundidas formadas na era terciaria e cheas con sedimentos de calcaria, arxila, arenitos e margas. son relevos horizontais ou suavemente inclinados porque non foron afectados por oroxéneses posteriores.

© no espazo e no tempo 2017 - © Luis Martínez Arenas - luare10@gmail.com
Creado con Webnode
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar