A diversidade climática e a vexetación

V O C A B U L A R I O

Aridez

A aridez é a relación entre a temperatura e a humidade nun espacio dado. A aridez aumenta coa temperatura e coa escaseza de precipitacións. Existen diversos índices para calculala: o índice de Gaussen mide a aridez mensual, un mes é árido cando 2TºC ≥ Pmm. O índice de Lautensach-Meyer determina a aridez xeral dunha zona a partir do número de meses con déficit de agua (menos de 30mm de precipitación).

Barlovento

Parte dun relevo ou zona orientada cara ó lugar de onde vén o vento. É dicir, ladera dun relevo montañoso exposta ao fluxo ascendente do vento. Ao elevarse o aire, arrefríase, se condensa o vapor de auga que contén e produce precipitacións. En España, a ladera de barlovento dependerá de onde proceda a masa de aire húmida e a disposición do relevo; por exemplo na Cordillera Cantábrica será a vertente norte. Oponse a sotavento.

Inversión térmica

Aumento da temperatura do aire ó aumenta-la altura, cando debera de disminuir segundo o gradiente térmico normal. Así atopamos o aire máis quente sobre o máis frío. E un fenómeno que se produce sobre todo no inverno cando o aire frío, máis pesado, acumúlase no fondo dos vales. Isto débese a que a superficie de contacto co chan, a baixas temperaturas, é maior nas zonas baixas que nos cumes.

Isóbara

Liña imaxinaria que une os puntos da superficie terrestre que rexistran unha mesma presión atmosférica. Nos mapas do tempo, as isobaras trazanse cada 4mbs. Cando o seu valor supera o da presión normal (1013mb) constitúen anticiclones, cando se sitúa por baixo, borrascas.

Isohieta

Liña imaxinaria que une os puntos da superficie terrestre que rexistran a mesma cantidade de precipitacións. O seu valor exprésase en mm. En España os valores máis elevados (superiores a 800mm) corresponden ás zonas montañosas e ao norte peninsular; os valores máis baixos (inferiores a 300mm) danse na zona do sureste peninsular e nas illas de Lanzarote e Fuerteventura.

Umbría

É unha zona que, pola súa orientación, está sempre en sombra. Nas montañas é a vertente do val expostas á sombra e oposta á solana. As súas temperaturas máis baixas adoitan traducirse en diferenzas de vexetación, sendo os bosques máis amplos. En España é a orientada ao norte.

Laurisilva

Tipo de bosque que se localiza nalgunhas illas dos arquipiélagos das Azores, Madeira e Canarias. É moi esixente en humidade, e prefire as vertentes das illas montañosas onde se forman néboas frecuentes. Ao non existiren grandes contrastes estacionais, a maior parte das especies non perden a folla durante todo o ano. O estrato arbóreo está formado por diversas especies, polo que se trata dun bosque pluriespecífico.

Maquis (ou maquia)

É unha formación arbustiva densa típica do clima mediterráneo que pode acadar dous metros de altura, composta de plantas con poucas necesidades de auga (esclerófilas) como a xara, o brezo, o lentisco e a retama.

Vexetación clímax

Vexetación que se estableceu por sí mesma nun determinado lugar, en determinadas condicións climáticas, en ausencia de accións antrópicas por un longo tempo, é dicir, é o estado de equilibrio ou cuasi equilibrio asintótico dun ecosistema local.

Vexetación antrópica

Vexetación introducida polo home nun espacio determinado da biosfera polo seu valor económico, ou a degradación da cuberta vexetal existente. Cando a vexetación dunha zona é o resultado da intervención humana, denomínase vexetación secundaria. Un exemplo sería a repoboación de piñeiros e eucaliptos na paisaxe vexetal de clima oceánico.

Landa

Formación vexetal arbustiva pechada e pobre en especies. Formada por matorriais como a retama, o toxo e o brezo. É característica da rexión eurosiberiana e supón unha degradación do bosque mixto atlántico. Está formada por matorrais, algúns dos cales poden acadar máis de tres metros de altura. É propia do norte de España e se asenta sobre solos pobres, pouco aptos para o cultivo.

© no espazo e no tempo 2017 - © Luis Martínez Arenas - luare10@gmail.com
Creado con Webnode
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar