as fontes de enerxía e o espazo industrial

v o c a b u l a r i o

Economías de escala

As economías de escala son as ventaxas de costes que unha empresa obtén debido ao aumento do seu tamaño (expansión). Son os factores que fan caer o coste medio por unidade segundo se incrementa a produción. O concepto tamén expresa as vantaxes que para unha empresa comporta a súa localización nun determinado entorno (por exemplo a concentración xeográfica).

Enerxías renovables

Enerxías renovables son aquelas que se obteñen de fontes naturais virtualmente inesgotables, ben sexa pola inmensa cantidade de enerxía que conteñen, ben porque son capaces de rexenerarse por medios naturais. Entre as enerxías renovables cóntanse a hidroeléctrica, eólica, solar, xeotérmica, maremotriz, a biomasa e os biocombustibles.

Difusión industrial

Concepto económico do sector secundario, que se refire aos principios de localización industrial; en concreto, ao proceso de mobilidade dos establecementos industriais, vinculado ao crecemento das aglomeracións urbanas, é causa da profunda transformación dos modelos espaciais de distribución industrial (concentrado/descentralizado) das etapas anteriores.

Fondos estruturais

Son instrumentos da Unión Europea que teñen por obxecto reducir as diverxencias de desenvolvemento entre as rexións, e busca reforzar a cohesión económica e social. O Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) -destinado ás rexións menos favorecidas- e o Fondo SocialEuropeo (FSE) -destinado á formación, para fomentar as oportunidades de emprego.

Subcontratación

A subcontratación, outsourcing ou tercerización é o proceso económico no que unha empresa move ou destina os recursos orientados a cumplir certas tarefas cara a una empresa externa por medio dun contrato.

Por exemplo, unha compañía dedicada ás demolicións pode subcontratar a unha empresa dedicada á evacuación de residuos para a tarefa de desfacerse dos escombros das unidades demolidas.

Industrias verdes

Unha industria verde é aquela na que o valor central non é o crecemento económico senón o desenvolvemento sostible -a través do respeto ao medio ambiente e o uso preferente de enerxías alternativas ou renovables-.

Unha industria verde crea valor económico, medioambiental e social. Por tanto, nelas un valor fundamental é o de evitar a contaminación industrial e o deterioro da paisaxe.

Materias primas estratéxicas

No novo contexto de desenvolvemento industrial de potencias emerxentes como China, unha serie de materias primas estratéxicas acadan nos mercados internacionais un valor notable pola súa asociación a industrias de tecnoloxía punta e a escaseza das mesmas.

En moitos casos estamos diante de recursos que son causa de guerras neo-imperialistas para abastecer ás grandes potencias industriais. 

Ademáis dos tradicionais petróleo, gas e uranio, están na lista outras que condicionan o crecemento da produción ou a riqueza mundiai e que son clave por razóns políticas ou estratéxicas para a economía das potencias, as grandes multinacionais e para o sector armamentista: coltan, diamantes, manganeso, cobalto, aluminio, cobre, xermanio, grafito, cromo, níquel, platino, titanio,...

Parque tecnolóxico

Un parque tecnológico é unha instalación industrial que:

a) mantén relacións formais e operativas coas universidades, centros de investigación e outras institucións de educación superior;

b) está diseñado para alentar a formación e crecemento de empresas baseadas no coñecemento e doutras organizacións de alto valor engadido pertencentes ao sector terciario, normalmente residentes no propio parque;

c) posúe un organismo estable de xestión que impulsa a transferencia de tecnoloxía e fomenta a innovación entre as empresas e organizacións usuarias do parque.

© no espazo e no tempo 2017 - © Luis Martínez Arenas - luare10@gmail.com
Creado con Webnode
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar