a xeografía e o estudo do espazo xeográfico

b l o q u e    1


A palabra xeografía procede dos termos gregos ge - Terra- e graphien -representar e describir-. Significa, polo tanto, representación e descrición da Terra.

O obxecto do seu estudo é o espazo xeográfico, que no seu sentido máis amplo comprende toda a superficie terrestre. Este espazo está constituído polos elementos naturais que compoñen o medio físico, estudados pola xeografía física (relevo, clima, augas, vexetación, solo); e pola intervención humana sobre o medio, estudada pola xeografía humana (poboamento e actividades económicas agrarias, industriais e terciarias).

Todos estes fenómenos son tratados tamén por outras ciencias, como a xeomorfoloxía, a climatoloxía, a botánica, a edafoloxía, o urbanismo ou a economía. O que diferencia a xeografía é o seu enfoque, xa que os estuda de forma interrelacionada no espazo; localízaos, represéntaos; descríbeos, analiza e explica; critica os aspectos negativos; e formula posibilidades de intervención para transformalos a través da planificación territorial.

Polo tanto, a xeografía actual é moito máis que a representación e descrición da Terra: é unha ciencia explicativa, de compromiso social, e aplicada.

Mª Concepción Muñoz-Delgado - Xeografía - Editorial Anaya, páxina 8

© no espazo e no tempo 2017 - © Luis Martínez Arenas - luare10@gmail.com
Creado con Webnode
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar