modelo de estrutura demográfica

x u ñ o     2 0 1 4

Atendendo ao documento, conteste (puntuación máxima de 4 puntos):

a) Cite as cinco provincias peninsulares máis meridionais co menor índice de envellecemento, recollidas na figura 1 (1 punto).

  • Huelva, Sevilla, Cádiz, Almería e Murcia.

b) Identifique a figura 2 e caracterice o modelo de estrutura demográfica á que responde. Razoe a resposta. (1 punto).

  • É una pirámide de poboación, un histograma (úsase para representar as frecuencias dunha variable cuantitativa continua)/ gráfico de barras horizontais, bidireccional que mostra a estrutura demográfica da poboación, por sexo e idade, nun momento determinado.
  • No eixo vertical temos os rangos das idades (5 en 5 anos) e no horizontal os efectivos depoboación masculina e feminina en porcentaxe sobre o total da poboación.
  • Forma da pirámide propia dos países desenvolvidos con taxas de natalidade moi baixas e unha mortalidade en aumento pola alta esperanza de vida asociada a un réxime demográfico moderno/ postmoderno.
  • Pirámide contractiva/ forma de urna/ regresiva/ formas triangular ou de parasol, de oxiva ou campá correspondente a unha poboación envellecida. Base estreita por acusada diminución da poboación xoven e ensanchamento da poboación adulta e anciá.

c) Explique as causas dos entrantes e saíntes nos grandes grupos de idade (1 punto).

  • Entrante 70 a 74 anos nacidos desde 1938 ata 1942, correspóndese coa caída de nacementos durante a Guerra Civil e a posguerra; este é menos visible nas mulleres pola maior lonxevidade e menores taxas específicas da mortalidade.
  • Saínte para os emigrantes retornados de máis de 60 anos.
  • Saínte correspondente ao baby boom dos 60 para os maiores de 40 anos (grupos de idade nacidos entre 1962 e 1972 aprox.) Forte crecemento vexetativo dos anos do "desarrollismo" e política pronatalista do réxime ditatorial.
  • Saínte polo aporte de adultos da inmigración nas idades entre 30 e 39 anos.
  • Entrante moi significativo pola baixada da fecundidade nos 90, asociado aos cambios sociais e culturais (carga económica, incorporación laboral da muller, planificación familiar,...) que acompañan ao final da transición demográfica e redución por mor da crise económica.
  • i. diminución natalidade desde 1979.
  • ii. Obsérvase mellor a baixada da cohorte de 25 a 29 anos (nacidos a finais dos 80 e comezos dos 90).
  • Saínte por incremento da natalidade que se explica pola inmigración nos primeiros grupos de idade(de 0 a 9 anos). Esta poboación conserva comportamentos de fecundidade propios das rexións de orixe (países subdesenvolvidos).

d) Comente as consecuencias que se poden derivar da estrutura de poboación que reflicte a figura 2 (1 punto).

  • Envellecemento

• Dedicar maiores recursos á asistencia de anciáns, aumento do gasto destinado ás pensións.

• Problemas para o mantemento do Estado do Benestar, os servizos sociais e sanitarios sofren una maior presión.

• Retraso na idade de xubilación.

• Menor capacidade de innovación e incremento de modos de vida conservadores e risco de xerontocracia.

• Dificultade para asegurar o reposición xeracional.

  • Leve recuperación demográfica

• Aínda insuficiente para evitar a crise demográfica que se prevé a medio prazo.

• Aumento da necesidade de servizos asociados aos primeiros grupos de idades.

© no espazo e no tempo 2017 - © Luis Martínez Arenas - luare10@gmail.com
Creado con Webnode
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar